Tempero

Política de privacidade

Última actualización:

Tempero é un afinador para gaita galega para Android, iOS e o navegador. Non ten contas, non mostra anuncios e non envía os teus datos a ningún servidor.

O micrófono

Tempero usa o micro só para escoitar o instrumento e calcular a afinación mentres a app está aberta. O son analízase no propio dispositivo e non se envía a ningures.

Podes retirar o permiso do micro en calquera momento desde os axustes do sistema; daquela o afinador deixa de funcionar.

Gravacións, sesións e axustes

As sesións que gardas, os axustes e, se activas «Gravar audio», os ficheiros de son quedan gardados só no teu dispositivo (ou no almacenamento do navegador, na versión web).

Só saen do dispositivo se ti decides exportalos ou compartilos, coa aplicación que elixas. Borrar unha sesión ou desinstalar a app elimínaos.

Datos que non recollemos

Tempero non recolle datos persoais, non usa analítica, nin cookies, nin identificadores publicitarios, nin servizos de terceiros que fagan seguimento.

Se conectas un punteiro MIDI por USB, as notas que envía úsanse só para facer soar a gaita no dispositivo.

Esta web

O servidor que aloxa esta web e a versión do navegador pode gardar rexistros técnicos de acceso (enderezo IP, data e páxina pedida) durante un tempo limitado, só para que funcione e para a súa seguridade. Non se usan para identificar a ninguén nin se comparten.

Cambios

Se esta política cambia, publicarase aquí cunha nova data de actualización.

Para calquera dúbida sobre privacidade, abre unha incidencia en github.com/Kr4is/tempero/issues.

← Volver ao inicio