TemperoFunciónsA escalaAbrir a app

Afinador para gaita galega

Afina o punteiro. Toca mellor.

Tempero escoita a túa gaita e di, en cents, canto se desvía cada nota da súa escala natural. Tamén serve para practicar o ronco, adestrar o oído e seguir a túa evolución.

  • Sen conta nin rexistro
  • O son non sae do teu dispositivo
  • No navegador; Android e iOS en proba
Afinador de Tempero marcando unha nota alta

Todo o que necesitas para afinar e practicar

Afinador

Cada nota, contra a escala da túa gaita

Mira a agulla ou os Hz en tempo real. Elixe a tonalidade do punteiro e axusta o La de referencia.

  • Do, Si♭, Re, Mi♭, Fa, Sol e La
  • Escala natural, non temperada
  • Umbral do micro axustable para sitios con ruído
Afinador de Tempero marcando unha nota alta

Compensación

Descubre que notas hai que traballar

Toca a escala e mira que notas se desvían, canto e en que sentido, nota por nota.

  • Diagrama de caixas por nota
  • Afinación estimada do teu La
  • Evolución da afinación no tempo
Detalle dunha sesión con diagrama de caixas por nota

Práctica

Adestra o oído e o ronco

Afina o ronco virtual, pon a proba o oído co quiz, mide a estabilidade do ronco mentres tocas ou grava unha sesión longa.

  • Afinar o ronco
  • Quiz de oído
  • Tempero do ronco
  • Sesión longa
Pantalla de práctica con catro exercicios

Historial

Garda e compara as túas sesións

Cada sesión queda gardada no teu dispositivo. Compáraas entre si ou expórtaas.

  • Comparar dúas sesións
  • Exportar a CSV ou JSON
  • Compartir un resumo en texto
Historial de sesións

Gaita eléctrica · experimental

Conecta a túa gaita MIDI e toca

Toca cun punteiro MIDI por USB, ou coas teclas. Sons de gaita en temperado para sete tonalidades, con ronco, ronqueta e chión.

  • MIDI por USB en Android; no navegador con Chrome, Edge ou Firefox
  • Os roncos soan mentres tocas o punteiro
Pantalla da gaita eléctrica con roncos e teclas
−31 centsDécimo grao fronte ao piano

A escala

Natural, non temperada

O punteiro non toca a escala do piano. Tempero segue o modelo de Pedro Lamas: cada grao usa unha razón harmónica pura (17/16, 9/8, 6/5…), e o desvío é a diferenza, en cents, co mesmo grao temperado. O décimo grao, por exemplo, cae 31 cents por debaixo.

Por iso un afinador normal che marca desafinadas notas que na gaita están ben.

Proba o afinador agora

Abre a app no navegador, toca unha nota e mira onde cae.

Pedirá permiso para usar o micro. Funciona en Chrome, Edge e Firefox.